GALEG@S COMA TI

GALEG@S COMA TI

Galeg@s coma ti,  é una exposición fotográfica que pretende visibilizar a presencia de persoas inmigrantes e/ou pertencentes a diferentes minorías étnicas que conviven en Galicia.

A exposición consta de grandes e vistosos módulos que combinan fotografías nas que aparecen persoas inmigrantes xunto a persoas galegas de relevancia pública no ámbito cultural, en actitude de veciñanza e aprecio mutúo. As imaxes nas que participan entre outras persoas Antón Reixa, Susana Seivane ou Xose Manuel Gayoso, por exemplo, combínanse con mensaxes a favor da igualdade de dereitos e de oportunidades.

Galeg@s coma ti visitou os concellos da Coruña, Oleiros, Ames, Cambre, Arteixo, Carballo, Teo e Lugo.