Señas de identidade

Inicio / Señas de identidade

Viraventos naceu no ano 2007 para dar acollida e orientación aos colectivos inmigrantes chegados a Galicia, porque cremos na igualdade entre persoas e culturas. Tras case dez anos de experiencia queremos consolidar proxectos de convivencia e intercambio cultural entre galegos e galegas de aqui e de acolá, para axudar a construír o futuro dun País enriquecido pola súa diversidade.

MISIÓN

Traballamos para garantir a igualdade e a convivencia entre persoas con diversas orixes nacionais ou culturais. Facémolo desde a reivindicación, a proximidade e o afecto por todas as identidades.

Queremos promover unha conciencia crítica que cuestione as causas da pobreza e da desigualdade, as asimétricas relacións entre países e o actual funcionamento de gobernos e organismos internacionais.

O noso compromiso quere contribuír á construción dun novo modelo social baseado na interculturalidade e a xustiza por medio tanto da intervención directa co colectivo inmigrante – os novos galegos e galegas – como da sensibilización sobre a importancia da diversidade, do respecto e o diálogo entre culturas como contribución á cohesión social.

VISIÓN

Gostarianos ver consolidados nos próximos anos tanto os proxectos da nosa tenda solidaria (Yarama África) como os nosos servizos de apoio á plena participación socio-laboral e educativa de menores de orixe inmigrante e as súas familias.

Agardamos que Viraventos e a súa sede social sexan coñecidos como espazo de convivencia entre colectivos e organizacións de inmigrantes e autóctonas. Imos promover a comunicación e as relacións de familiaridade entre as poboacións de acollida e inmigrante mediante iniciativas interculturais e servizos de conciliación.Os nosos proxectos queren ser tamén unha vía de participación e inclusión para persoas socialmente vulnerables.Paralelamente, o proxecto da tenda Yarama África pretende dar visibilidade á diversidade cultural, facilitar o abastecemento e a identidade da poboación de orixe inmigrante e contribuír ao financiamento dos proxectos da organización.

VALORES

Reivindicación | Compromiso | Proximidade | Xustiza |Interculturalidade

Buscamos alternativas interculturais para mellorar a vida da xente

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies