Traxectoria

Inicio / Traxectoria

Viraventos comeza a súa andadura no ano 2007, de man dun grupo de persoas que deciden facer unha forte aposta para loitar a favor da integración do colectivo inmigrante en Galicia, e fundamentalmente dos menores de orixe inmigrante -das primeiras xeracións de galegos/as– , colectivo cada vez máis amplo, con grandes necesidades e carencias pero cunha oferta de servizos moi escasa, por ser un fenómeno moi recente Galicia.

Unha vez superadas as dificultades propias de calquera inicio, a organización foi dando forma ao seu proxecto nos primeiros anos de vida, encamiñando o noso traballo ó ámbito da educación, como instrumento básico de cambio social.

A partir do ano 2009, despois de dous anos como unha entidade exclusivamente de voluntariado, fixemos unha forte aposta pola profesionalización da entidade, como única vía para a consolidación e crecemento. Este feito significou un gran impulso para Viraventos, que pasa dende aquel momento a afrontar novos retos, incrementando considerablemente o volume de proxectos xestionados: no eido da Acción social, puxemos a disposición das persoas migrantes en situación ou risco de exclusión social, diferentes servizos de orientación, formación e asesoramento, centrando a maior parte dos nosos esforzos na implantación de programas específicos de apoio á maternidade e primeira infancia. No eido da Sensibilización e a Educación ao desenvolvemento, comezamos a traballar en campañas de loita contra a discriminación racial, mediante accións de educación intercultural dirixidas aos máis pequenos/as.

A crise económica que sacudiu Galicia nos seguintes anos, deixou en Galicia un panorama desolador, nos que tivemos que traballar máis duro que nunca, aumentando os colectivos de atención e os ámbitos de actuación, centrando a maior parte dos nosos esforzos na implantación de programas específicos de loita contra a pobreza infantil.

O ano 2015, foi un ano onde traballamos a reo para, sen abandoar os programas bandeira de Viraventos, poñer en marcha o proxecto Yarama África, unha tenda intercultural onde potenciar o valor da diversidade e das culturas africanas, e abrir un novo local onde prestar os nosos servizos con maior calidade.

Chegados a este punto da evolución da organización, en Viraventos tomamos conciencia da necesidade de xestionar un cambio cara un modelo organizacional máis complexo e eficiente, sen perder os aspectos positivos do traballo realizado ata aquel momento. Para iso, o equipo directivo participou ao longo de dous anos nunha intensa formación apoiada por servizos de consultoria, para  dar a nosa organización unha forma e estratexia máis clara, transparente e capaz de mellorar o impacto dos nosos proxectos.

No ano 2016, cando estabamos ás portas de cumprir os dez anos de existencia,  realizamos un intenso proceso de reflexión e planificación estratexica, no que xurdiron novos obxectivos e enfoques que nos guiarán ao longo dos próximos 4 anos.

A promoción da interculturalidade e a participación social, laboral e educativa dos/as menores de orixe inmigrante a as suas familias.

Nestes 10 anos de vida, acompañamos a persoas en situacións que nos encheron de rabia e frustración, pero tamén nos emocionamos coa solidariedade de persoas anónimas que contribuíron a paliar as dificultades que atravesan as familias coas que traballamos.

Rematamos a nosa primeira década de vida, agradecendo a solidariedade, o talento e mesmo o apoio económico de xente coma ti, que compartes con nos a loita pola «igualdade e a convivencia entre persoas con distintos orixes nacionais e culturais».

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies