SERVIZO DE ATENCIÓN SOCIAL A FAMILIAS MIGRANTES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE SOCIAL  S.A.S.

SERVIZO DE ATENCIÓN SOCIAL A FAMILIAS MIGRANTES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE SOCIAL S.A.S.

O Servizo de Atención Social dirixido a familias migrantes en situación de vulnerabilidade social (S.A.S.) pretende reducir a situación de vulnerabilidade social de 180 persoas de orixe migrante con fillos e fillas a cargo, residentes no concello da Coruña, durante o ano 2022.

Para isto, pon a súa disposición un servizo de apoio na tramitación de prestacións e recursos sociais que permita a estas familias exercer o seu dereito de acceso aos recursos e prestacións sociais en igualdade de condicións que a poboación autóctona, tendo cubertas as súas necesidades máis apremiantes para continuar co seu proceso de inclusión sociolaboral na cidade.

Persoas beneficiarias:

Persoa de orixe migrante con fillos/as a cargo, en risco ou situación de exclusión social (Atendendo aos criterios que se marcan na Lei 10/2013 do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia).

Residencia no concello da Coruña

Situación de desemprego ou traballando en precario.

Proxecto financiado polo Concello da Coruña.