NINGUÉN ATRÁS 2023

NINGUÉN ATRÁS 2023

O proxecto ten como obxectivo desenvolver accións que faciliten a integración social de 60 persoas de orixe migrante en situación ou risco de exclusión social residentes no concello da Coruña e a súa área metropolitana.

Estas accións parten da valoración previa das circunstancias persoais, familiares e sociais das persoas destinatarias, identificando as dificultades e barreiras que afrontan no seu porceso de inclusión e potenciando as súas habilidades, co obxecto de poñer ao seu alcance os recursos precisos para reducir o nivel de vulnerabilidade social á que están a facer fronte.  Para acadar este obxectivo unha vez realizada dita Diagnóse, establecerase un Plan de Acción Individual para cada persoa usuaria que conterá uns obxectivos consensuados con ela  e as actuacións precisas para poder acadalos no prazo de tempo estipulado entre a técnica Social e a persoa usuaria. Ditas actuacións estarán englogadas nas seguintes áreas: formación, saúde, vivenda, servizos sociais e participación cidadá.

Persoas beneficiarias:

  • Persoas migrantes que acrediten documentalmente tal condición ou a súa orixe estranxeira e estean en risco de exclusión social de acordo co establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, ou nunha situación de vulnerabilidade derivada da súa condición de migrante.
  • Carencia grave de recursos económicos
  • Situación de desemprego ou subempregada por insuficiencia de horas.
  • Data de entrada en Galicia inferior a un ano

Esta actuación está subvencionada a través da ORDE do 4 de maio de 2020 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2020,2021 e 2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional),, enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”.

Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)

Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

O FSE invirte no teu futuro. Espacio de Conciliación XOGOTECA. Proxecto para a conciliación de mulleres en situación ou risco de exclusión social, con fillos de 0 a 12 anos residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana.

“Proxecto XOGOTECA” está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, Obxectivo temático 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, para a conciliación de mulleres en situación ou risco de exclusión social, con fillos de 0 a 12 anos residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana.