SERVIZO DE ORIENTACION SOCIOLABORAL INMEDIATO PARA FAMILIAS

SERVIZO DE ORIENTACION SOCIOLABORAL INMEDIATO PARA FAMILIAS

O presente proxecto ten como obxectivo facilitar a completa incorporación á sociedade galega a 120 persoas de orixe inmigrante con fillos/as a cargo, que se atopan en situación ou risco de exclusión social.

Para a consecución deste propósito lévanse a cabo unha serie de accións, enmarcadas en 3 áreas de traballo especializada; ámbito social, ámbito laboral e ámbito educativo. Estas accións parten da valoración previa das circunstancias persoais, sociais e laborais das persoas destinatarias, identificando e potenciando as súas habilidades co obxecto de poñer ao seu alcance recursos sociais, formativos e de acceso ao emprego.

 

Proxecto financiado a través da convocatoira de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería de Política Social.