XOGOTECA 2021-2022

XOGOTECA 2021-2022

Viraventos ofrece un servizo de apoio á conciliación para todas aquelas familias que o precisen co obxecto de facilitar actividades formativas ou de busca de emprego. O servizo préstase por profesionais tituladas en educación infantil entre luns a venres, no domicilio do/a menor ou no espazo lúdico infantil-xogoteca dispoñible na sede de Viraventos. Aténdese preferentemente a persoas participantes en cursos de formación ou en itinerarios de orientación e inserción sociolaboral personalizada tanto de Viraventos como doutras entidades ou dos Servizos Sociais.

O Servizo inclúe actividades de coidado, apoio escolar e lecer de nenos e nenas de ata 12 anos, axudas na alimentación, aseo ou hixiene e acompañamento do/da menor fóra do fogar de ser necesario.

Persoas beneficiarias: Mulleres en risco ou situación de exclusión social residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana. (Atendendo aos criterios que se marcan na Lei 10/2013 do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia).

Esta actuación está subvencionada a través da ORDE do 4 de maio de 2020 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2020, 2021 e 2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional),, enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social ”.

Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)

Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social

O FSE invirte no teu futuro. Espacio de Conciliación XOGOTECA. Proxecto para a conciliación de mulleres en situación ou risco de exclusión social, con fillos de 0 a 12 anos residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana.

“Proxecto XOGOTECA” está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, Obxectivo temático 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, para a conciliación de mulleres en situación ou risco de exclusión social, con fillos de 0 a 12 anos residentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana.