CONTA +

CONTA +

É un proxecto de comunicación social, creado por Viraventos, que busca dar resposta ás necesidades da mocidade galega, xerando contidos de interese para eles/as, que lles permitan participar en retos de carácter global como a igualdade de xénero e a coeducación, a competencia dixital, a participación social, a educación intercultural ou a transición ecolóxica.

CONTA + foi creado como un espazo de creación expresiva e recepción de información para mozos e mozas, aberto ás demandas e intereses da mocidade galega.

CONTA + é unha radio comunitaria dixital que trasmite unha señal on line, dando cabida a diversas temáticas sociais, a reflexión e o debate así como a información de actualidade, có acento na mocidade como fonte e receptora das mensaxes.

O equipo desta Radio está composto por mozos e mozas das provincias da Coruña e Lugo entre os 12 e os 29 anos.

Se queres saber máis preme aquí

Proxecto financiado a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.