LABORA

LABORA

Proxecto para facilitar a integración no mercado de traballo das persoas de orixe inmigrante en situación ou risco de exclusión social residentes no concello da Coruña e a súa área metropolitana.

A1. R1. Valoración Social Individual e familiar. DIAGNOSE
A2.R1. Definición do Plan de Acción para a Inserción. Deseño do IPI
A3.R1. Seguemento do IPI, Revisión dos Obxectivos e Avaliación final
A1.R2.Accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais
A2.R2. Accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral.
A1.R3. Prospección e intermediación laboral activa
A1.R4. Medidas de acompañamento social

Persoas beneficiarias:

  • Persoas de orixe inmigrante que acrediten documentalmente tal condición ou a súa orixe estranxeira e estean en risco de exclusión social de acordo co establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, ou nunha situación de vulnerabilidade derivada da súa condición de inmigrante.

 

Proxecto financiado a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.