Rematamos a segunda edición do «Teatro Social para a Diversidade».

Rematamos a segunda edición do «Teatro Social para a Diversidade».

O pasado día 31 demos por finalizada a segunda edición do proxecto «Teatro Social para a diversidade», un espazo de teatro social comunitario, que se organizou en colaboración con Yarama África, e no que participaron 16 mozas entre os 12 e os 20 anos.

O proxecto culminou coa creación colectiva da obra de teatro “SON NEGRA” que partiu dos intereses e experiencias das participantes e do que elas necesitaban comunicar á sociedade. SON NEGRA é unha peza escrita, dirixida e interpretada por 16 mozas, de 45 minutos de duración, cuxo fío argumental baséase nas súas experiencias vividas como mozas migrantes e/ou racializadas e como afectan o seu estado emocional.

Este proxecto realizouse  en colaboración con Yarama África, e coa financiación da Fundación Emalcsa.