INSERTA CORUÑA 2018-2020

INSERTA CORUÑA 2018-2020

O proxecto Inserta Coruña, promovido pola Asociación Viraventos, pretende facilitar a integración sociolaboral das persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana.

Estas accións parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais das persoas destinatarias, identificando e potenciando as súas habilidades co obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. Conta para iso cun equipo de traballo que realiza sesións de orientación, obradoiros prelaborais de capacitación profesional, promove a participación das persoas participantes en cursos de formación ocupacional, realiza mediacións empresariais e acompaña en todo o proceso de procura de emprego as/os usuarias/os ata a súa inserción no mercado de traballo galego.

Paralelamente e de forma transversal ao proxecto, Viraventos pon a disposición dos/as beneficiario/as, unha serie de recursos (de primeira necesidade, económicos, de orientación, de conciliación…) que faciliten a participación activa e continuada no itinerario de inserción laboral.

Persoas beneficiarias: Persoas inmersas en procesos migratorios en situación ou risco de exclusión social.

Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 13 de xuño de 2018 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2018 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional),, enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)

Operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social O FSE invirte no teu futuro.

Inserta Coruña: Proxecto para a integración laboral de persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social.

“Proxecto INSERTA CORUÑA” está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014 – 2020, Obxectivo temático 9 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, para a integración laboral de persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social.