Diversidad Cultural
A web www.diversidadcultural.es foi presentada en outubro de 2014 no marco do Congreso “Xestión positiva da diversidade relixiosa na educación. Novos retos sociais e culturais“ organizado por Viraventos en colaboración coa Universidade da Coruña e financiado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.
A presenza de alumnado que profesa distintas relixións é un fenómeno cada vez máis común nos centros educativos galegos. Se ben é certo que a inmigración aumentou o pluralismo relixioso, hoxe éste é xa un fenómeno propio e non pode considerarse un elemento temporal, polo que é unha cuestión prioritaria unha adecuada xestión desta diversidade. O descoñecemento acerca doutras culturas e relixións, así como os prexuizos e estereotipos negativos que existen sobre unhas e outras, condicionan as relacións entre profesorado e alumnado, entre alumnos/as e coas familias vulnerando, ás veces, o dereito á liberdade de crenzas ou forma de vida do/a menor>>.
A iniciativa pretende difundir recursos pedagóxicos e ferramentas didácticas para o traballo na aula, así como investigacións, publicacións e novidades respecto a xestión da diversidade cultural e relixiosa.
Visitar web: Diversidad Cultural