Un morto en Salou, basta de acoso policial!

Home / Novas / Un morto en Salou, basta de acoso policial!
Un morto en Salou, basta de acoso policial!

O Foro Galego de Inmigración da Coruña denuncia o acoso policial a que están sendo sometidas as persoas inmigrantes en todo o Estado Español. O sucedido en Salou é consecuencia dunha política represiva que non se xustifica en ningún ben común.

Como en Salou, na Coruña tamén temos traballadores sumerxidos (manteiros, empregadas domésticas, vendedores ambulantes…), moitos deles persoas inmigrantes. Desenvolven actividades produtivas que non compiten co comercio local e polo tanto non prexudican a ninguén.

A estas persoas a Lei de Extranxeiría négalles o dereito ao traballo ao tempo que a lexislación española lles obriga á manutención dos seus fillos. É a propia lexislación española a que crea un campo de traballo sumerxido necesario para a subsistencia e, en moitos casos, útil para empresarios sen escrúpulos que empregan ilegalmente a estas persoas nunhas condicións propias da escravitude. Isto, e as mortes na fronteira e antes da fronteira son os principais froitos da citada Lei de Extranxeiría.

Na Coruña fomos testemuñas durante anos do acoso policial aos manteiros e aos vendedores ambulantes nos semáforos; de redadas racistas nas estacións de tren e autobuses, últimamente nun restaurante senegalés para completar un vóo de deportación, un vóo da vergoña… Fomos testemuñas de maltratos a estas persoas, algunha das cales ten lesións permanentes. Fomos testemuñas de multas sen conto e de taxas absurdas por mercancías decomisadas aos vendedores ambulantes…

O acoso policial non resolve nada, empurra á mendicidade ou á delincuencia e termina producindo persoas feridas ou, como no caso de Salou, mortes. O acoso policial é unha aplicación das leis que atenta contra os dereitos humanos dos inmigrantes, contra a dignidade da mesma policía e contra a lexitimidade de quen lles ordea tal aplicación da normativa.

O Foro Galego da Inmigración de Coruña esixe o cese do maltrato aos inmigrantes; reivindica unha política activa de integración para evitar a súa exclusión social; e reclama unha xestión intelixente da diversidade cultural por parte das autoridades. Agardamos que neste sentido, tamén sopren novos tempos na nosa cidade.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies