Yarama África, a tenda de Viraventos

Home / Novas / Yarama África, a tenda de Viraventos
Yarama África, a tenda de Viraventos

O Agra do Orzán contará dende setembro cunha nova tenda moi especial. A ONG Viraventos abre na rúa Entrepeñas 10 da Coruña un establemento intercultural especializado na venda de produtos procedentes de África (alimentación, aseo e coidado, artesanía e complementos) así como artigos de educación intercultural, dirixidos non só a diáspora africana senón tamén a todas as persoas interesadas polas culturas e tradicións dese continente.

Para presumir de sabores e culturas
YARAMA ÁFRICA quere ser un escaparate da diversidade cultural e unha referencia obrigada para atopar cousas imprescindibles que se botan de menos: unha crema para o pelo crespo, un café, un conto que educa nos valores da interculturalidade…

YARAMA ÁFRICA será tamén un centro de iniciativas culturais, un lugar de diálogo e encontro onde descubrir a orixinalidade e a beleza dun continente asociado habitualmente coa pobreza e o conflito, e onde compartir e coñecer estas outras culturas que xa enriquecen a realidade galega.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies