Servizo de apoio á conciliación

Home / Novas / Servizo de apoio á conciliación
Servizo de apoio á conciliación

Viraventos ofrece un servizo de apoio á conciliación para todas aquelas familias que o precisen co obxecto de facilitar actividades formativas ou de busca de emprego. O servizo préstase por profesionais tituladas en educación infantil entre luns e sábados, no domicilio do menor ou no espazo lúdico infantil-xogoteca disponible na sede de Viraventos. Aténdese preferentemente a persoas participantes en cursos de formación ou en itinerarios de orientación e inserción sociolaboral personalizada tanto de Viraventos como doutras entidades ou servizos sociais.

Para unha información máis detallada, chamar ao teléfono 881 889 460 ou pasar pola sede de Viraventos na rúa Mosteiro de Caaveiro 4, baixo, A Coruña.

O servizo inclúe un período de adaptación, actividades de coidado, atención e lecer de nenos e nenas de ata 12 anos, axudas na alimentación, aseo ou hixiene e acompañamento do/da menor fóra do fogar de ser necesario. Con carácter xeral exclúense as tarefas domésticas

Esta actuación está subvencionada pola Dirección Xeral de Inclusión da Xunta de Galicia a través da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social (DOG núm.108 do 10/06/2015), enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

logo Xunta politica social

logo FSE_inclusión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies