Clases de español e competencias dixitais

Home / Novas / Clases de español e competencias dixitais
Clases de español e competencias dixitais

Viraventos retoma a súa actividade formativa. Desde o día 23 de outubro temos en funcionamento dous grupos de aprendizaxe de español e outro de competencias dixitais básicas. Os cursos repetiranse entre decembro e marzo asi que todas as persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse no teléfono 881 889 460, no correo electrónico info@viraventos.org ou directamente no noso local, na rúa Mosteiro de Caaveiro nº 4, baixo, A Coruña.

Os grupos de español actuais funcionan en horario de mañá luns, mércores e venres, cun nivel de iniciación e outro máis avanzado. O de informática (martes e xoves pola tarde) pretende dar unha formación básica no manexo de ordenadores e internet.

Esta actuación está subvencionada pola Dirección Xeral de Inclusión da Xunta de Galicia a través da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social (DOG núm.108 do 10/06/2015), enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

logo Xunta politica sociallogo FSE_inclusión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies