Stop Deportacións!

IMG_20151102_195737142 (1)

Viraventos acolleu o 2 de novembro unha charla do Foro Galego de Inmigración dentro da Semana de loita contra as fronteiras. Ainhoa Nadia Douahibi do colectivo catalán Tanquem els CIE falou sobre a política represiva destes centros e os voos de deportación. A activista denunciou a colaboración da compañía Air Europa nunhas deportacións que, na súa opinión, non respostan á necesidade regulatoria dos fluxos migrantes, como argumenta o goberno do estado,  senon que perseguen crear unha sensación de ameaza constante entre a poboación inmigrante.

O Foro Galego de Inmigración presentou tamén unha moción sobre este tema aos distintos grupos municipais do Concello da Coruña e organizou o xoves 5 de novembro unha cea solidaria no restaurante senegalés Mamá África.

Ainhoa Douhaibi falará nesta semana en distintas cidades de Galicia. En https://stopdeportacion.wordpress.com pódese seguir a actividade da campaña contra as deportacións.