Presentación Mundo de Cores

Presentación Mundo de Cores

A FNAC de A Coruña acolle este xoves 14 de maio a presentación do conto infantil Mundo de Cores co que a ONGD Viraventos quere promover a educación intercultural entre os máis pequenos por medio da historia de Diara, unha meniña “senegalega”, que nos presenta o seu mundo de cores, a súa familia, os seus costumes e tradicións. Un mundo onde a nota predominante é a diversidade con toda a súa riqueza… Os responsables da entidade afirman ter ideado Mundo de Cores “porque queremos unha infancia enriquecida pola diversidade, capaz de facer un País máis feliz, onde todas as persoas conten”.

Creada en Galicia no ano 2007 como organización independente e sen ánimo de lucro, Viraventos traballa por conseguir un novo modelo social baseado na interculturalidade e a xustiza, por medio tanto da intervención directa co colectivo inmigrante –os novos galegos e galegas- como da sensibilización da poboación sobre a importancia do coñecemento, do respecto e do diálogo entre culturas como mecanismo para contribuir á igualdade e a cohesión social.

O acto contará coa presenza da promotora da iniciativa, Patricia Ares; do director da entidade, Xabier Macias; a guionista Maria Blanco e os ilustradores do conto: Maria Romero e Jose Souto. Intervirá tamén a cantante Andrea Louro.

contos exemplares2