STOP mortes no Mediterráneo

O sábado 9 de maio de 2015 a partir das 12,30 da mañá convocamos no paseo marítimo da Coruña un acto de protesta alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo dos conflitos, da persecución ou da pobreza, perderon a súa vida no Mediterráneo. Compartimos a iniciativa coas seguintes organizacións: África Universal, Amnistía Internacional, Foro Galego da Inmigración, SOS Racismo, Mundo sen guerras e sen violencia, Asociación Veciñal Agra do Orzán, Comunidade Cristiana Vangarda Obreira, Domu África, Fronte Cívica, La Paz, Médicos del Mundo e STOP Desafiuzamentos.

No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co 2014 pero
os gobernantes políticos europeos miran para outro lado. A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras.
E mentres, as persoas morren.

¿Ata cando?. ¿Cántas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?

Recomendase ás persoas participantes no acto que vistan de negro e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas e á beira do Praia Club de Riazor, dende os que marcharemos en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar unha “performance” reivindicativa.