Memoria de actividades 2014

Xa podes consultar a nosa memoria de actividade do ano 2014. Aprobada pola Asemblea de socios en febreiro recolle as principais actuacións e logros de Viraventos ao longo ano. Destacamos o acompañamento e orientación sociolaboral ás 113 persoas acollidas (un total de 2568 persoas nos nosos 7 anos de historia), as 13 actividades formativas desenvolvidas e a organización dun Congreso sobre Diversidade relixiosa que xuntou na Universidade da Coruña un centenar de expertos educativos, docentes e alumnado.

Contamos coma sempre coa axuda imprescindible do voluntariado e do alumnado en prácticas de diversos centros educativos e co apoio financeiro de distintas entidades e institucións. Todo iso fixo posible o labor social e educativo que da sentido á nosa organización.

Agardamos seguir mellorando e contando coa vosa confianza.

Podes ver a memoria completa aqui: https://viraventos.org/wp-content/uploads/2015/05/memoria-web-2014.pdf

IMG_20141006_095157530