O mes de maio foi mes de visitas institucionais a Viraventos…

O mes de maio foi mes de visitas institucionais a Viraventos…

Como non pode ser de outra maneira, aproveitamos as visitas das concelleiras Claudia Delso (concelleira de participación e innovación democrática) e Silvia Cameán (concelleira de xustiza social e coidados), para mostrarlles a esencia de Viraventos, que non é outra que a loita polo cumprimento dos dereitos das persoas, e en especial, dos nenos, nenas e adolescentes.

Coa visita de Claudia Delso, co gallo de facer unha proposta dos NNA usuarios do programa “Benquerenza” para os orzamentos participativos do concello de A Coruña, reivindicamos o dereito dos nenos, nenas e adolescentes á participación activa e a que a súa voz se escoite. A nosa pretensión é lograr que os NNA teñan unha canle de comunicación, a través por exemplo da creación dun consello de participación infanto-xuvenil. Agradecemos a implicación de Claudia na nosa reivindicación e a súa iniciativa de querer compartir con todos/as nós na actividade do proxecto dos presupostos participativos “Creación dun espazo infanto-xuvenil na praza de Salvador de Madariaga”.

Coa visita de Silvia Cameán, quixemos que se coñecese toda a labor que se leva a cabo dende Viraventos e a necesidade de seguir traballando en rede para facilitar o camiño de cara a que todas as persoas, nenos, nenas e adolescentes poidan gozar do pleno exercicio dos seus dereitos.  Agradecemos a iniciativa de Silvia por querer coñecer a labor que desenvolve a ONG Viraventos.

Esperamos que estas sexan as primeiras de moitas visitas, as portas da ONG Viraventos están abertas para quen queira coñecernos…