Mundo de Cores visita Lugo

cartel-mundo-de-cores-2015 Lugo

Diversos Centros de Convivencia acollen entre o 18 e o 20 de novembro contacontos organizados pola ONG Viraventos coa colaboración do Concello de Lugo. O conto Mundo de Cores narra a historia de Diara, unha meniña “senegalega” que nos presenta a súa familia, os seus costumes e tradicións, un mundo de cores onde predomina a diversidade con toda a súa riqueza… A contacontos Vera “a viaxeira” será a encargada de divertir os máis pequenos con esta historia que pretende tamén educar nos valores da interculturalidade, nunhas sesións pensadas especialmente para nenos e nenas entre 6 e 12 anos. A asistencia é de balde.

Viraventos editou en marzo este conto, disponible en librarías (en Lugo, na libraría Trama, Avda. da Coruña 21) que conta cunha web complementaria  con recursos e xogos para desfrutar en familia ou na escola. http://mundodecores.org

Programa de actividades en Lugo

MÉRCORES 18 de NOVEMBRO

Centro de Convivencia Lamas de Prado. 17:45

Centro de Convivencia María Balteira. 18:45

XOVES 19 de NOVEMBRO

Centro de Convivencia A Milagrosa. 18:15h

Centro de Convivencia Maruja Mallo. Ocioteca 17h

VENRES 20 de NOVEMBRO

Centro de Convivencia Uxío Novoneira. Ocioteca 16:30h

Praza Maior. 17:30h

Contacontos Lugo. día 18.11.2015