Dálle sentido aos teus regalos

Home / Novas / Dálle sentido aos teus regalos
Dálle sentido aos teus regalos

Yarama África 11.09.2015

YARAMA ÁFRICA, a tenda intercultural da ONG Viraventos está especializada na venda de produtos procedentes de África e artigos de educación intercultural, dirixidos non só a diáspora africana senon tamén a todas as persoas interesadas nese continente. Queremos ser un escaparate da diversidade para dar valor ás culturas de orixe da poboación inmigrante.

Non somos un comercio convencional. Os nosos beneficios destínanse a apoiar os proxectos de participación e integración social impulsados por Viraventos.

En YARAMA ÁFRICA atoparás contos educativos e literatura africana; bonecos, monecas e xoguetes didácticos; wax (teas africanas), camisetas e bolsas de algodón; artesanía, bisutería e complementos; produtos especiais para pel e pelo afro, karité e outros produtos orgánicos de cosmética. Temos tamén alimentación: café Touba, salsa para Maffe, marmelada de Bissap, legumes, doces, especias e condimentos.

Comprando en YARAMA ÁFRICA daraslle un novo sentido aos teus regalos. Neste Nadal abrimos todos os días, agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

Estamos en Entrepeñas 10, baixo, A Coruña, a 1 minuto da praza das Conchiñas.

Séguenos en Facebook: https://www.facebook.com/yaramaafrica

Banner-Yarama-980px

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies