No Diario Oficial de Galicia nº 35, de hoxe 20 de febreiro de 2014, aparecen dúas convocatorias de axudas para persoas emigrantes e para residentes no exterior. Son as seguintes:
1. Axudas para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario:
Estas axudas están destinadas a persoas galegas emigrantes e descendentes que vivan fóra e estén en risco de exclusión, para cubrir situacións sobrevidas extraordinarias e de emerxencia social, sanitaria e asistencial, para realizar actuacións urxentes ou as viaxes que supoñan.
Estas axudas requiren das posibles persoas beneficiarias que acrediten ter rendas, ingresos ou patrimonio insuficientes (deles e das persoas que vaian ser atendidas pola persoa que se despraza) e acreditar a situación de emerxencia social, sanitaria ou asistencial.
A axuda máxima que se concederá será de 3000 euros, excepto no caso das viaxes que será un máximo de 1500€.
O prazo máximo de solicitude é ata o 30 de novembro de 2014
Podedes atopar a información completa, incluidos os requisitos concretos precisos para poder solicitalas, premendo aquí.
2. Axudas asistenciais individuais para persoas galegas no exterior:
Estas axudas son para emigrantes galegas e galegos con nacionalidade española e algúns familiares que vivan no extranxeiro, que estean en precariedade económica. O seu obxecto é cubrir necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
As axudas son dos seguintes tipos:
– Axudas por atoparse a unidade familiar en situación de precariedade.
– Axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante.
– Axudas por situación de dependencia ou enfermidade moi grave na familia.
– Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.
– Axudas para a cobertura de medicamentos para enfermidades crónicas ou graves cun custo elevado.
– Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero.
– Axudas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.
O prazo de presentación é de 40 días naturais a partir do día seguinte o da publicación (ata o 1 de abril de 2014).
Podes atopar a información completa, como a contía exacta de cada axuda, entrando aquí.