No Diario Oficial de Galicia de hoxe, 19 de febreiro (DOG nº 34), publícase a RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Esta resolución regula a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos/ás emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados da súa volta a Galicia.

As persoas que se poden beneficiar son as galegas e nacidas en Galicia que residindo fóra de España retornen á Comunidade, os seus cónxuxes e fillas e fillos que vivan no extranxeiro e volvan a Galicia, sempre que teñan a nacionalidade española antes do retorno e ter a residencia actual na comunidade.

No artigo 4 aparecen os requisitos que deberán cumprir as persoas beneficiarias para que lles sexa concedida a axuda.

As axudas serán de 250 ou 350€, segundo a  puntuación que se acade no baremo establecido, e o prazo de presentación é ata o 30 de setembro de 2014.

Para calquer dúbida, podedes informarvos no Servizo de Información e Tramitación de Subvencións da Consellería, no teléfono 981 547 271