Hoxe, 26 de febreiro de 2014, sae publicado no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. Recolle a convocatoria de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia de persoas galegas retornadas. As persoas destinatarias son aquelas nacidas en Galicia que, residindo fóra de España, retornen á Comunidade así como os seus cónxuxes e as súas fillas e fillos. A contía máxima poderá ser de 4000 euros (para traballadoras e traballadores autónomos) ou de 6000 (en sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado), puidendo aumentar en 1000 euros se teñen máis de 39 anos ou se se trata de mulleres. O prazo de presentación de solicitudes comezará o 27 de febreiro de 2014 e rematará o 30 de setembro de 2014.  Hoxe, 26 de febreiro de 2014, sae publicado no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Recolle a convocatoria de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia de persoas galegas retornadas. As persoas destinatarias son aquelas nacidas en Galicia que, residindo fóra de España, retornen á Comunidade así como os seus cónxuxes e as súas fillas e fillos.

A contía máxima poderá ser de 4000 euros (para traballadoras e traballadores autónomos) ou de 6000 (en sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado), puidendo aumentar en 1000 euros se teñen máis de 39 anos ou se se trata de mulleres.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 27 de febreiro de 2014 e rematará o 30 de setembro de 2014.