Formación de adultos e apoio educativo para menores

Home / Novas / Formación de adultos e apoio educativo para menores
Formación de adultos e apoio educativo para menores

Viraventos organiza desde xaneiro clases de español e competencias dixitais para adultos. Inicia tamén, no seu novo local, actividades de apoio educativo e familiar para rapaces e rapazas entre 6 a 12 anos en horario de tarde.

Para adultos, haberá entre xaneiro e marzo, dous niveis de aprendizaxe de español e un curso de competencias dixitais para dar unha formación básica no manexo de ordenadores e internet. Cos menores realizarase  apoio e mediación escolar, actividades de ocio, interculturais e actuacións de apoio familiar. Todas as persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse no teléfono 881 889 460, no correo electrónico sabela.lourido@viraventos.org ou directamente no noso local, na rúa Mosteiro de Caaveiro nº 4, baixo, A Coruña.

Estas actuacións están subvencionadas pola Xunta de Galicia. O traballo con menores pola Dirección Xeral de Emprego e Formación, por medio das subvencións á contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro.

Pola súa banda, as actividades formativas, pola Dirección Xeral de Inclusión a través da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social (DOG núm.108 do 10/06/2015), enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

logo Xunta politica sociallogo FSE_inclusión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies