Benquerenza: novo proxecto con familias e menores

Home / Novas / Benquerenza: novo proxecto con familias e menores
Benquerenza: novo proxecto con familias e menores

VIRAVENTOS pon en marcha o proxecto Benquerenza para a incorporación sociolaboral de persoas inmigrantes con fillos e fillas de 6 a 12 anos. O proxecto realizarase a través de 4 áreas que buscan responder globalmente ás necesidades das familias co propósito de lograr a inclusión sociolaboral das persoas adultas e a inclusión social e escolar dos/as menores.

4 áreas de traballo: INCORPORACIÓN SOCIAL, PROCURA DE EMPREGO, CONCILIACIÓN FAMILIAR, INCORPORACIÓN SOCIOESCOLAR

ACCIÓNS
Reforzo escolar: Reforzar aprendizaxes e mellorar a integración escolar a través de clases de apoio, seguimiento escolar e orientación pedagóxica para pícaros/as de 6 a 12 anos (aula de apoio en horario extraescolar varios días á semana)
Mediación escolar e familiar: Mellorar a relación das familias coa escola e mellorar as relacións familiares (asesoramento sistema educativo, mediación intercultural)
Orientación laboral: Mellorar o acceso ao mercado laboral a través dunha procura activa de emprego (seguimiento individualizado, formación)
Acompañamento social: Facilitar o acceso aos recursos e servizos (axudas sociais, formación, trámites)
PARTICIPACIÓN

Familias inmigrantes con fillos/as de 6 a 12 anos que necesiten unha ou algunhas das seguintes accións:
Apoio escolar para os/as menores
Orientación e acompañamento na procura activa de emprego
Información, orientación, mediación e acompañamento social, escolar e/ou familiar

Requisitos para participar:

. Familias inmigrantes residentes na Coruña con fillos/as de 6 a 12 anos
. Nai, pai e/ou titor/a legal dos/as menores en desemprego ou con traballo precario
. Escasos ingresos económicos familiares

Desde a ONG VIRAVENTOS levaremos a cabo a selección de familias baixo o criterio de necesidades e obxectivos do proxecto. Para máis información, solicitudes de inscrición, propostas de actividades ou calquera outra demanda estamos á vosa disposición en:

Rúa Mosteiro de Caaveiro, 4 baixo, 15010 A Coruña. Tlf. 881 889 460. correo: ongviraventos@gmail.com

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies