Polo Nadal, agasalla culturas

Yarama África dáche a oportunidade de apostar pola economía solidaria. A tenda de Viraventos naceu para achegar a Galicia as culturas africanas e nela atoparás unha ampla variedade de produtos: contos educativos, ensaios e literatura africana; bonecos, monecas e xoguetes didácticos; wax (teas africanas), camisetas e bolsas de algodón; café Touba, marmelada de Bissap e outros produtos de alimentación; artesanía, bisutería e complementos; karité e outros produtos de cosmética para pel e pelo afro.

Yarama África abre todos os días, agás 25 de decembro e 1 de xaneiro, na rúa Entrepenas 10 da Coruña. Terá tamén durante a campaña de Nadal un posto na FNAC (praza de Lugo) onde venderá, entre outros, o conto Mundo de Cores, editado por Viraventos para fomentar a educación intercultural.

Semanario Sermos G.

YARAMA ÁFRICA destina os seus beneficios a apoiar os proxectos de Viraventos, unha ONG creada en Galicia no ano 2007 para traballar por un novo modelo social baseado na interculturalidade e a xustiza, por medio tanto da intervención directa co colectivo inmigrante –os novos galegos e galegas- como da sensibilización da poboación sobre a importancia do coñecemento, do respecto e do diálogo entre culturas para contribuir á igualdade e a cohesión social.

Máis información: https://www.facebook.com/yaramaafrica