O racismo e o lixo bótao aquí.

Inicio / Novas / O racismo e o lixo bótao aquí.

Viraventos chama á reflexión e a sensibilización aos cidadans do barrio da Agra do Orzán  a través da acción

“O racismo e o lixo bótao aquí”.

 

O día de hoxe amenceu diferente na Agra do Orzán, as papeleiras e colectores recordabannos a cada paso que é preciso seguir loitando contra o racismo.

Eu non son racista pero…”

Se non hai para todos, primeiro os de aquí”

Hoxe en día o racismo adopta formas diversas, ainda que cun nexo común, alimentado de prexuizos, sempre conleva discriminación, segregación, rexeitamento á cultura e aos valores alleos.

O racismo pode manifestarse en condutas violentas ou agresivas pero tamén é racismo a negación de dereitos (especialmente en materias como a sanidade, a educación ou os servicios básicos), os desprezos ou os falsos estereotipos.

Deste xeito, non cabe dúbida que día tras día, estamos a vivir actos e actitudes de racismo, dende os poderes políticos, dende os medios de comunicación e por suposto tamén dende a sociedade civil.

É por isto que tal día como hoxe, o Día Internacional contra a discriminación racial, Viraventos quere chamar á atención e á reflexión da poboación a través dunha pegada de carteis en todalas papeleiras da Rúa Barcelona e rúas perpendiculares, baixo o lema “O racismo e o lixo bótao aquí”.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies