O 21 de Marzo de cada ano celébrase o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. Declarado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, esta xornada recorda a traxedia racista acontecida en 1960 na cidade de Sharpeville, en Sudáfrica, e invítanos ao compromiso colectivo para a erradicación desta eiva social.

Aquel día celebrábase unha gran concentración que reuniu 20.000 persoas convocadas polo Congreso Pan-Africano para protestar, de xeito non-violenta, contra o apartheid. As leis racistas de Sudáfrica esixían a identificación dos negros cando entraban en áreas diferentes ás que tiñan consignadas. A protesta pacífica foi disolta violentamente pola policía que disparou contra os manifestantes. O resultado da represión criminal foi de 69 persoas mortas y186 feridas, moitas delas mulleres e nenos.

Produciuse nese momento un punto de referencia internacional, coñecido como o Masacre de Sharpeville e significado como un dos primeiros episodios de resposta contra o sistema represivo do apartheid en Sudáfrica. En memoria dos que perderon a vida e dos que loitaron contra o goberno racista de Sudáfrica, Nacións Unidas proclamou ese día como convite permanente ao compromiso de loita contra a intolerancia racista e a violencia.