Diversos Centros de Convivencia acollen entre o 18 e o 20 de novembro contacontos organizados pola ONG Viraventos coa colaboración do Concello de Lugo. O conto Mundo de Cores narra a historia de Diara, unha meniña “senegalega” que nos canada goose outlet toronto factory presenta a súa familia, os seus costumes e tradicións, un mundo de cores onde predomina a diversidade con toda a súa riqueza… A contacontos Vera “a viaxeira” será a encargada de divertir os máis pequenos con esta historia que pretende tamén educar nos valores da interculturalidade, nunhas sesións pensadas Cyber Monday Shop select Canada Goose Fashion especialmente para nenos e nenas entre 6 e 12 anos. A asistencia é de balde.
Viraventos editou en marzo este conto, disponible en librarías (en Lugo, na libraría Trama, Avda. da Coruña 21) que conta cunha web complementaria con recursos e xogos para desfrutar en familia ou na escola. http://mundodecores.org
Programa de actividades en Lugo
MÉRCORES 18 de NOVEMBRO
Centro de Convivencia Lamas de Prado. 17:45
Centro de Convivencia María Balteira. 18:45
XOVES 19 de NOVEMBRO
Centro de Convivencia A Milagrosa. 18:15h
Centro de Convivencia Maruja Mallo. Ocioteca 17h
VENRES 20 de NOVEMBRO
Centro de Convivencia Uxío Novoneira. Ocioteca 16:30h
Praza Maior. 17:30h