Viraventos organiza desde xaneiro clases de español e competencias dixitais para adultos. Inicia tamén, no seu novo local, actividades de apoio educativo e familiar para rapaces e rapazas entre 6 a 12 anos en horario de tarde.
Para adultos, haberá entre xaneiro e marzo, dous niveis de aprendizaxe de español e un curso de competencias dixitais para dar unha formación básica no manexo de ordenadores e internet. Cos menores realizarase apoio e mediación escolar, actividades de ocio, interculturais e actuacións de apoio familiar. Todas as persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse no teléfono 881 889 460, no correo electrónico sabela.lourido@viraventos.org ou directamente no noso local, na rúa Mosteiro de Caaveiro nº 4, baixo, A Coruña.
Estas actuacións están subvencionadas pola Xunta de Galicia. O traballo con menores pola Dirección Xeral de Emprego e Formación, por medio das subvencións á contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro.
Pola súa banda, as actividades formativas, pola Dirección Xeral de Inclusión a través da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social (DOG núm.108 do 10/06/2015), enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.