BENQUERENZA.Finalizado.

BENQUERENZA.Finalizado.

O Proxecto Benquerenza busca contribuír á plena integración en contextos normalizados (familia, escola, recursos educativos non formais, barrio…) de nenos, nenas e adolescentes inmersos en procesos migratorios e en situación de especial vulnerabilidade, a travé s dunha intervención socioeducativa e traballando coordinadamente coas familias, os servizos sociais e os centros escolares.

O Programa oferta un mínimo de 15 prazas e un máximo de 25, para nenos, nenas e adolescentes entre 6 e 16 anos co propósito de dar unha alternativa educativa individualizada ás necesidades de cada participante.

O feito de ofertar un número de prazas tan reducido xustifícase nas casuísticas tratadas ata a data pola nosa entidade:

  • NNA cun gran número de materias suspensas, nunha gran porcentaxe repetindo cursos mesmo nos primeiros ciclos de primaria
  • NNA recentemente chegados que deben adaptarse a unha escolarización en dous idiomas que non coñecen (castelán e galego)
  • Casos de comportamentos disruptivos na aula, principalmente no caso de alumando de secundaria
  • Familias en circunstancias de exclusión social severa (ambos os pais en situación de irregularidade, mendicidade, prostitución…)

A principal metodoloxía de traballo é grupal, exeptuando aqueles momentos nos que os/as educadores/as manteñen entrevistas cos nenos, nenas e adolescentes, de seguimento da súa evolución académica, social e familiar…

Dende o Proxecto Benquerenza, atendemos especificamente os riscos de discriminación en materia de xénero, garantindo a inscrición igualitaria de nenos e nenas (mínimo o 40% das prazas están reservadas a nenas) e a súa participación paritaria en todo tipo de iniciativas. Igualmente, traballamos para combatir os riscos de discriminación e limitacións á igualdade de oportunidades ,de desenvolvemento persoal deses nenos nenas e adolescentes, contribuíndo á súa educación equitativa.

Dende o ano 2016, o Viraventos entra a formar parte con este proxecto, xunto con outras 43 entidades a nivel nacional, do Programa de Acción Social da Fundación Educo. A través desta colaboración, estamos a traballar intensamente con Educo para o  fortalecemento estratéxico da propia entidade como axente de cambio social en materia de Enfoque de Dereitos da Infancia e a mellora da nosa capacidade de incidencia política neste ámbito.