Conversas interculturais

Organizamos grupos interculturais de conversación en inglés. Comezamos en febreiro, todos os mércores de 5 a 6 da tarde, con servizo de xogoteca por se ves cos teus fillos/as.

Avísanos tamén se prefires outros horarios ou idiomas. Moitos dos nosos amigos e amigas inmigrantes dominan o inglés ou o francés ademáis do seu idioma propio. Aquí sabemos galego e castelán. Queremos probar a experiencia de aprender uns dos outros. Axúdasnos?

Se che interesa, chámanos ou escríbenos canto antes: 881 889 460 (de 9 a 13:30) | info@viraventos.org