Servizo de Orientación Sociolaboral

Home / Novas / Servizo de Orientación Sociolaboral
Servizo de Orientación Sociolaboral

Viraventos ofrece orientación para a inserción laboral de mulleres en situación ou risco de exclusión social, con fillos e fillas menores 12 anos residentes na Coruña e na súa área metropolitana.

  • Itinerarios personalizados de inserción laboral
  • Formación en habilidades sociais para o emprego
  • Orientación e acompañamento social
  • Cursos de español e competencias dixitais

https://viraventos.org/gl/2015/11/la-alegria-de-encontrar-trabajo

Contamos cun servizo de apoio á conciliación para favorecer a participación neste tipo de iniciativas.

Estamos en Mosteiro de Caaveiro 4, baixo, A Coruña. Para máis información ou solicitude de prazas chamar ao 881 889 460 ou escribir a: sabela.lourido@viraventos.org

Esta actuación está subvencionada pola Dirección Xeral de Inclusión da Xunta de Galicia a través da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social (DOG núm.108 do 10/06/2015), enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”.

logo Xunta politica sociallogo FSE_inclusión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies