Grupo mulleres participantes

Contra a discriminación racial

[:es]Viraventos conmemorou o Día internacional contra a discriminación racial levando á Praza das Conchiñas a exposición Galegas coma Ti. Música, baile e diversidade cultural acompañaron na mañá do 19 de marzo representantes do Foro Galego da Inmigración e das Asociacións Domu África e África Universal que se uniron á veciñanza nun encontro que contou tamén con actividades infantís e unha mostra de produtos de Yarama África.

Viraventos desexa conseguir a plena aceptación das persoas con diferente cultura e o establecemento dunhas relacións normalizadas e positivas. A campaña Galegas coma ti quere promover na sociedade unha reflexión imprescindible, recollida nos textos que acompañan á exposición: “A inmigración non pode considerarse como un fenómeno temporal. Os fillos e fillas das persoas inmigrantes xa non son inmigrantes: son unha nova xeración de galegos e galegas que manteñen aspectos culturais comúns e outros diferenciados, que deben poder exercer con total liberdade”.

Galegas coma ti visitará Oleiros entre o 23 de marzo e o 4 de abril para ir despois ao Milladoiro, no Concello de Ames.

Podes ver fotos do acto aquí:

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1674660982793712.1073741830.1546997858893359&type=3

Nenas[:gl]Viraventos conmemorou o Día internacional contra a discriminación racial levando á Praza das Conchiñas a exposición Galegas coma Ti. Música, baile e diversidade cultural acompañaron na mañá do 19 de marzo representantes do Foro Galego da Inmigración e das Asociacións Domu África e África Universal que se uniron á veciñanza nun encontro que contou tamén con actividades infantís e unha mostra de produtos de Yarama África.

Viraventos desexa conseguir a plena aceptación das persoas con diferente cultura e o establecemento dunhas relacións normalizadas e positivas. A campaña Galegas coma ti quere promover na sociedade unha reflexión imprescindible, recollida nos textos que acompañan á exposición: “A inmigración non pode considerarse como un fenómeno temporal. Os fillos e fillas das persoas inmigrantes xa non son inmigrantes: son unha nova xeración de galegos e galegas que manteñen aspectos culturais comúns e outros diferenciados, que deben poder exercer con total liberdade”.

Galegas coma ti visitará Oleiros entre o 23 de marzo e o 4 de abril para ir despois ao Milladoiro, no Concello de Ames.

Podes ver fotos do acto aquí:

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1674660982793712.1073741830.1546997858893359&type=3

Nenas

 [:]

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.