As ONGs galegas pronunciámonos sobre acollida a persoas refuxiadas

A Coordinadora Galega de ONGD e EAPN Galicia- Rede Galega contra a Pobreza, representantes de máis de 160 organizacións de acción social e cooperación ao desenvolvemento, facemos público este posicionamento en relación á acollida de persoas refuxiadas en Galicia. Facémolo co obxectivo de achegar sensatez e de esixir xustiza nun momento no que hai máis incógnitas que certezas arredor do proceso de acollida. Tamén ante a diversidade de propostas que se están a facer dende as distintas administracións públicas. Pretendemos que este posicionamento poida ser de interese para as administracións, os medios de comunicación e a poboación galega. Porque temos claro que o fundamental en todo este proceso non é só a solidariedade senón que se garantan os dereitos humanos das persoas que están fuxindo da violencia, a guerra e a fame. Para iso, facemos público un posicionamento no que buscamos contextualizar os feitos; expoñer as nosas demandas; e facer propostas de traballo conxunto. No enlace podes acceder ao comunicado en formato pdf: Posicionamento CGONGD e EAPN sobre acollida persoas

refuxiadasA Coordinadora Galega de ONGD e EAPN Galicia- Rede Galega contra a Pobreza, representantes de máis de 160 organizacións de acción social e cooperación ao desenvolvemento, facemos público este posicionamento en relación á acollida de persoas refuxiadas en Galicia. Facémolo co obxectivo de achegar sensatez e de esixir xustiza nun momento no que hai máis incógnitas que certezas arredor do proceso de acollida. Tamén ante a diversidade de propostas que se están a facer dende as distintas administracións públicas.

Pretendemos que este posicionamento poida ser de interese para as administracións, os medios de comunicación e a poboación galega. Porque temos claro que o fundamental en todo este proceso non é só a solidariedade senón que se garantan os dereitos humanos das persoas que están fuxindo da violencia, a guerra e a fame. Para iso, facemos público un posicionamento no que buscamos contextualizar os feitos; expoñer as nosas demandas; e facer propostas de traballo conxunto.

No enlace podes acceder ao comunicado en formato pdf:

Posicionamento CGONGD e EAPN sobre acollida persoas refuxiadas