Novo local social

Home / Novas / Novo local social
Novo local social

Novo local

Viraventos mudouse. Desde o 22 de setembro estamos nun novo local social na rúa Mosteiro de Caaveiro nº 4, baixo, a un paso do Centro Ágora. Seguimos entre os barrios coruñeses do Agra do Orzán e o Ventorrillo traballando na acollida, orientación sociolaboral e participación da inmigración e promovendo a educación intercultural.

Confiamos en que as novas instalacións faciliten a nosa intervención e supoñan unha mellora nos servizos e actividades que prestamos. Seguiremos cos nosos programas de formación e acción social e queremos organizar nos próximos meses encontros interculturais de todo tipo. Agardamos, coma sempre, contar co voso interese e colaboración.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies