Apúntate ao Programa Redes

Todos os martes creamos un espazo de encontro para o intercambio de coñecementos e experiencias de distintas culturas e realidades. Queremos crear redes de relación e confianza entre mulleres que viven no Agra do Orzán e mellorar o seu coñecemento do barrio e da cidade para favorecer a súa participación social.

Abordaremos ata maio de 2015 diferentes temas proporcionando información, realizando algún taller e visitas a recursos socio-culturais do barrio. Todo nun ambiente relaxado e informal no que nunca faltan café e biscoito.

As actividades son gratuitas e realízanse habitualmente os martes de 17 a 19h. Hai prazas disponibles asi que, de estares interesada, chámanos ao 881 889 460 ou pásate por onda nós.

Tecendo Redes forma parte do proxecto Agra Civis que compartimos as ONGs: Viraventos, Ecos do Sur, Cuarto Sector, Juan Soñador, Manicómicos e Mistura.