Programa de Orientación laboral

Apoiamos a busca de emprego de nais inmigrantes con fillos/as  menores de 12 anos. En Viraventos traballamos pola inserción sociolaboral asesorando e acompañando os teus esforzos de formación e procura de emprego. Preocupámonos especialmente polas mulleres nais tentando que a maternidade non sexa obstáculo para a súa incorporación ao mundo laboral. Se tes algún fillo ou filla de ata 12 anos e andas a buscar traballo, ven onde nós para solicitar a incorporación ao noso programa de Orientación laboral: proporcionarémosche información, asesoramento e formación en habilidades para a busca de emprego.

Estamos en A Coruña, rúa Alcalde Lens 34-1ºC.