dakar 2011 065

Yarama África, a tenda de Viraventos

[:es]O Agra do Orzán contará dende setembro cunha nova tenda moi especial. A ONG Viraventos abre na rúa Entrepeñas 10 da Coruña un establemento intercultural especializado na venda de produtos procedentes de África (alimentación, aseo e coidado, artesanía e complementos) así como artigos de educación intercultural, dirixidos non só a diáspora africana senón tamén a todas as persoas interesadas polas culturas e tradicións dese continente. Para presumir de sabores e culturas YARAMA ÁFRICA quere ser un escaparate da diversidade cultural e unha referencia

obrigada para atopar cousas imprescindibles que se botan de menos: unha crema para o pelo crespo, un café, un conto que educa nos valores da interculturalidade… YARAMA ÁFRICA será tamén un centro de iniciativas culturais, un lugar de diálogo e encontro onde descubrir a orixinalidade e a beleza dun continente asociado habitualmente coa pobreza e o conflito, e onde compartir e coñecer estas outras culturas que xa enriquecen a realidade galega.[:gl]O Agra do Orzán contará dende setembro cunha nova tenda moi especial. A ONG Viraventos abre na rúa Entrepeñas 10 da Coruña un establemento intercultural especializado na venda de produtos procedentes de África (alimentación, aseo e coidado, artesanía e complementos) así como artigos de educación intercultural, dirixidos non só a diáspora africana senón tamén a todas as persoas interesadas polas culturas e tradicións dese continente.

Para presumir de sabores e culturas
YARAMA ÁFRICA quere ser un escaparate da diversidade cultural e unha referencia obrigada para atopar cousas imprescindibles que se botan de menos: unha crema para o pelo crespo, un café, un conto que educa nos valores da interculturalidade…

YARAMA ÁFRICA será tamén un centro de iniciativas culturais, un lugar de diálogo e encontro onde descubrir a orixinalidade e a beleza dun continente asociado habitualmente coa pobreza e o conflito, e onde compartir e coñecer estas outras culturas que xa enriquecen a realidade galega.[:]

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.