14362722_1745546685705141_1317173472801049912_o

Viraventos reuniuse coa Comisaria Europea de Asuntos Sociais en Bruselas

[:es]O 20 de setembro viaxamos a Bruselas cunha delegación galega, impulsada polo BNG, formada por distintos representantes de colectivos sociais e sindicais que loitan en Galicia contra a pobreza e a precariedade.

Mantivemos unha xuntanza cos responsables de Emprego e Asuntos Sociais do executivo comunitario na que puxemos enriba da mesa o profundamente inxustas, cortoplacistas e electoralistas que son as novas políticas europeas anti-inmigración. Explicamos que dende o noso punto de vista, o endurecemento da política migratoria só vai lograr aumentar a irregularidade, a economía mergullada, a segregación e o risco de exclusión social. Un panorama cando menos preocupante, sobre todo, pensando nas dificultades que iso pode entrañar a medio prazo para as novas xeracións.

Ademáis, non quixemos deixar pasar a oportunidade de expoñerlles algunhas liñas de actuación coas que deberían comezar a traballar dende xa:

1) Introducir maior flexibilidade e facilidades para a renovación dos permisos de residencia por parte de inmigrantes en desemprego

2) Simplificar os requisitos e axilizar os procedementos de homologación de títulos formativos

3) Facilitar e incentivar a participación do/as inmigrantes nos programas de formación para o emprego, eliminando barreiras de acceso, como a esixencia de titulación de secundaria.

4) Eliminar as barreiras ao retorno aos seus países de orixe, permitindo a re-entrada en España.

5) Desenvolver a lexislación anti-discriminación e incorporar esta cuestión, así como a xestión da diversidade, dentro do ámbito da negociación colectiva e o diálogo social.[:gl]O 20 de setembro viaxamos a Bruselas cunha delegación galega, impulsada polo BNG, formada por distintos representantes de colectivos sociais e sindicais que loitan en Galicia contra a pobreza e a precariedade.

Mantivemos unha xuntanza cos responsables de Emprego e Asuntos Sociais do executivo comunitario na que puxemos enriba da mesa o profundamente inxustas, cortoplacistas e electoralistas que son as novas políticas europeas anti-inmigración. Explicamos que dende o noso punto de vista, o endurecemento da política migratoria só vai lograr aumentar a irregularidade, a economía mergullada, a segregación e o risco de exclusión social. Un panorama cando menos preocupante, sobre todo, pensando nas dificultades que iso pode entrañar a medio prazo para as novas xeracións.

Ademáis, non quixemos deixar pasar a oportunidade de expoñerlles algunhas liñas de actuación coas que deberían comezar a traballar dende xa:

1)            Introducir maior flexibilidade e facilidades para a renovación dos permisos de residencia por parte de inmigrantes en desemprego

2)            Simplificar os requisitos e axilizar os procedementos de homologación de títulos formativos

3)            Facilitar e incentivar a participación do/as inmigrantes nos programas de formación para o emprego, eliminando barreiras de acceso, como a esixencia de titulación de secundaria.

4)            Eliminar as barreiras ao retorno aos seus países de orixe, permitindo a re-entrada en España.

5)            Desenvolver a lexislación anti-discriminación e incorporar esta cuestión, así como a xestión da diversidade, dentro do ámbito da negociación colectiva e o diálogo social.[:]

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.