GRUPOS DE CONVERSACIÓN INTERCULTURAIS EN VERÁN

Organizamos grupos interculturais de conversación en inglés na temporada de verán. As nosas monitoras procedentes doutros países dominan o inglés á perfección, polo que é un bo método para recuperar ou practicar esa “lingua universal” nun ambiente de riqueza e diversidade cultural.

O espazo de conversa intercultural realizarase un día á semana cunha duración aproximada dunha hora e media. As sesións comezarán unha vez haxa un mínimo de 10 persoas inscritas.

Contarase cun servizo de conciliación no espazo da Xogoteca da entidade por se ves cos/as teus fillos/as.

Se che interesa, chámanos ou escríbenos canto antes (aberta proposta de horarios e preferencia de días). Unha vez teñamos formado o grupo contactaremos cas persoas interesadas para realizar a inscrición.

Inscrición: Presencialmente na entidade.

Custo: 20 euros mensuais.

Máis info en:

Dirección: R/ Mosteiro de Caaveiro, nº 4, baixo.

Teléfono de contacto: 881 889 460

Mail: info@viraventos.org