Mundo de Cores, o conto que ideamos para propiciar a educación intercultural, xa está editado! Presentámolo o 14 de maio na FNAC de A Coruña coa presenza de todas as persoas que o fixeron posible.
Todas?, Se cadra non, porque hai tamén moitas persoas anónimas que contribuiron a pagar a edición. Por caso, todas as que fixeron unha doazón no pasado Nadal no peto que puxemos na FNAC, onde recadamos 1.300€. Queremos agradecer agora ese esforzo que permitíu facer realidade un soño que comezara a finais de 2013. O agradecemento vai tamén evidentemente para a guionista, Maruxa Blanco, os ilustradores, María Romero e José Souto, e Ana Díaz, autora do prólogo.
Viraventos decidíu facer Mundo de Cores para promover a educación intercultural na sociedade galega porque queremos unha infancia enriquecida pola diversidade, capaz de facer un país máis feliz, onde todas as persoas conten. O libro narra a historia de Diara, unha meniña “senegalega”, que nos presenta o seu mundo de cores, a súa familia, os seus costumes e tradicións. Un mundo onde a nota predominante é a diversidade con toda a súa riqueza…
Puntos de venda
Se compartes estas ideas podes apoiarnos mercando o conto. Véndese a 9€ (IVE incluido) e os beneficios destinarémolos a novas iniciativas enfocadas a seguir promovendo a aceptación das persoas con diferente cultura e o establecemento dunhas relacións positivas.
Por agora pódelo mercar, na Coruña, na FNAC (Praza de Lugo) e na Libraria Suévia (rúa Vila de Negreira 32); en Lugo, na libraría Trama (Avda. da Coruña 21); e, en Allariz (Ourense), na libraría Aira das Letras. Pouco a pouco iremos ampliando os puntos de venda. Se queres, pódenolo pedir directamente a Viraventos a través do formulario que atoparás neste enlace: http://mundodecores.org/cuentacuentos.
Queremos que Mundo de Cores sexa tamén un instrumento didáctico en mans de pais, nais e profesorado para o que creamos un sitio web con material complementario, un traballo de Jorge Bravo: http://mundodecores.org
http://www.culturafnac.es/uploads/stores/2/01-coruna-1430378681.pdf