En Viraventos lanzamos o proxecto “Educación para a cidadanía en contextos diversos”, un espazo educativo deseñado para mozos como ti, de diferentes orixes culturais, sociais e identitarios, que buscan convivir, aprender e expresarse nunha contorna segura, inclusiva e respectuosa.
Por que é importante este proxecto?
A comunicación é moito máis que palabras: é un dereito fundamental que garante a túa liberdade de expresión e acceso á información, ferramentas clave para participar activamente na sociedade. Ademais, comunicar pode ser un motor de cambio social, que visibiliza realidades que ás veces quedan invisibilizadas, desafía estruturas de poder e promove unha convivencia baseada no respecto e a equidade.
O obxectivo principal é fortalecer a convivencia entre persoas diversas, promovendo valores como o respecto mutuo, a equidade e a cohesión social a través da comunicación.
Queres participar? inscríbete enviando unha mensaxe directa (MD) ao noso perfil de Instagram @diversidade.viraventos ou por WhatsApp ao 698179375.

