Mediterráneo Acto maio 2015

STOP mortes no Mediterráneo

[:es]O sábado 9 de maio de 2015 a partir das 12,30 da mañá convocamos no paseo marítimo da Coruña un acto de protesta alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo de conflitos, da persecución ou da pobreza, perderon a súa vida no Mediterráneo. Compartimos a iniciativa coas seguintes organizacións: África Universal, Amnistía Internacional, Foro Galego da Inmigración, SOS Racismo, Mundo sen guerras e sen violencia, Asociación Veciñal Agra do Orzán, Comunidade Cristiana Vangarda Obreira, Domu África, Fronte Cívica, La Paz, Médicos del Mundo e STOP Desafiuzamentos.

No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co 2014 pero

os gobernantes políticos europeos miran para outro lado. A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras.

E mentres, as persoas morren.

Ata cando?. Cantas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?

Recomendase ás persoas participantes no acto que vistan de negro e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas e á beira do Praia Club de Riazor, dende os que marcharemos en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar unha «performance» reivindicativa.[:gl]O sábado 9 de maio de 2015 a partir das 12,30 da mañá convocamos no paseo marítimo da Coruña un acto de protesta alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo dos conflitos, da persecución ou da pobreza, perderon a súa vida no Mediterráneo. Compartimos a iniciativa coas seguintes organizacións: África Universal, Amnistía Internacional, Foro Galego da Inmigración, SOS Racismo, Mundo sen guerras e sen violencia, Asociación Veciñal Agra do Orzán, Comunidade Cristiana Vangarda Obreira, Domu África, Fronte Cívica, La Paz, Médicos del Mundo e STOP Desafiuzamentos.

No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co 2014 pero
os gobernantes políticos europeos miran para outro lado. A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras.
E mentres, as persoas morren.

¿Ata cando?. ¿Cántas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?

Recomendase ás persoas participantes no acto que vistan de negro e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas e á beira do Praia Club de Riazor, dende os que marcharemos en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar unha «performance» reivindicativa.[:]

Compartir artigo en redes sociais
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.