Proxecto de mediación intercultural comunitaria para persoas inmigrantes en situación ou risco de exclusión social, residentes na Coruña ou na súa área metropolitana.
O novo Proxecto Mediación Intercultural Comunitaria vaise desenvolver principalmente en 3 barrios da cidade da Coruña (Agra do Orzán, Ventorrillo, Sagrada Familia) con presenza significativa de diversidade cultural, provinte tanto da migración internacional como de procesos de migración interna, e con presenza de minorías (inmigradas) ou autóctonas (pobo xitano etc.).
A actuación despregarase prioritariamente a través de tres alicerces básicos de intervención: o ámbito socioeducativo, o ámbito da saúde comunitaria e o ámbito das relacións cidadás, e sempre coa colaboración da administración pública local.
O proxecto ten carácter preventivo e as actuacións vanse dirixir especialmente ao traballo coas familias, e en colaboración cos profesionais que desenvolven o seu traballo coas mesmas.
Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 27 de xuño (DOG nº 130, de 10 de xullo de 2023)
Esta actuación está subvencionada a través da Orde do 27 de xuño (DOG nº 130, de 10 de xullo de 2023) “Inclusión Social e loita contra a pobreza” Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027 Obxectivo: Promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluidos os inmigrantes Resultado esperado: Aumentada a participación das prácticas, dos dereitos e dos recursos sociais que configuran a inclusión social.