S.A.S.

SERVIZO DE ATENCIÓN SOCIAL A FAMILIAS MIGRANTES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE SOCIAL S.A.S.

Este Servizo pretende reducir a situación de vulnerabilidade social de 180 persoas de orixe migrante con fillos e fillas a cargo, residentes no concello da Coruña, durante o ano 2025.

Para isto, pon a súa disposición un servizo de apoio na tramitación de prestacións e recursos sociais que permita a estas familias exercer o seu dereito de acceso aos recursos e prestacións sociais en igualdade de condicións que a poboación autóctona, tendo cubertas as súas necesidades máis apremiantes para continuar co seu proceso de inclusión sociolaboral na cidade.

Persoas beneficiarias:

  • Persoa de orixe migrante con fillos/as a cargo, en risco ou situación de exclusión social (Atendendo aos criterios que se marcan na Lei 10/2013 do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia).
  • Residencia no concello da Coruña
  • Situación de desemprego ou traballando en precario.

 

Esta actuación está subvencionada polo Concello da Coruña.

Tes dúbidas ou queres colaborar?

Contacta

+34 881 889 460

Traballamos cada día para mellorar a vida das persoas. Xuntas podemos marcar a diferenza.

Viraventos
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.