Reunión co Concello sobre inmigración

Concello Reu Inmg. Xullo 2015

21 asociacións relacionadas coa inmigración reunímonos o 22 de Xullo coa Concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña, Rocío Fraga. Viraventos compartíu as propostas elaboradas no Foro Galego de Inmigración do que formamos parte insistindo, específicamente, en que o Concello poida “organizar, promover ou facilitar iniciativas de educación intercultural” ademáis de prestar atención ás medidas de “conciliación da vida laboral e familiar” necesarias para permitir formarse ou buscar traballo a persoas con cargas familiares.

A reunión servíu tamén de encontro entre as propias asociacións asistentes, representativas de colectivos de migrantes procedentes de Uruguai, Senegal, Chile, Venezuela e Perú, entre outros países. Ademáis de Viraventos e o Foro participaron tamén Ecos do Sur, ACCEM, Juan Soñador, Ecodesarrollo Gaia, Equus Zebra e SOGAPS (de solidariedade co Sáara).

Como integrantes do Foro Galego da Inmigración suscribimos o documento entregado á concelleira, sintetizando as principais propostas na extensión de prestacións e axudas a todas as persoas residentes, con independencia da súa situación administrativa; no fortalecemento e ampliación dos servizos municipais específicos para migrantes; e na eliminación de prácticas discriminatorias ou represivas.